Lucía Pérez

Lucía Pérez, naceu o 5 de xullo de 1985 no Incio, provincia de Lugo. Despois de participar en numerosos programas de TV e festivais musicais, con tan só 17 anos, gañou o concurso da Televisión de Galicia, «Canteira de Cantareiros» e é entón cando entra en contacto con Chema Purón para a gravación do seu primeiro álbum «Amores e amores «, publicado en 2003, e con el consegue o «Disco de Ouro Gállego».

Paralelamente á súa actividade artística, Lucía traballou con gran éxito na TVG, con programas como «Especial Fin de ano», «Heicho cantar queridiña», «Destino Santiago» e máis recentemente en « Quérote tanto».

Lucía Pérez estudou Maxisterio e Pedagoxía Musical, e ademais ten Grao Medio do Conservatorio na especialidade de guitarra clásica.

Entre outras distincións, foi galardoada coa «Vieira de Honra á Calidade Artística», co premio «Galicia Sexta Provincia» como Revelación Artística e foi nomeada «Lucense del Año» e «Hija Predilecta» do Incio, pola súa contribución á difusión dos valores da túa terra.

WEB DA ARTISTA