Måi

Måi

Måi nace dunha necesidade de fondura e honestidade de Iseo Agilda, que apaña cancións propias compostas nos últimos anos e llas fai chegar a Tomás Ageitos, quen se suma ao proxecto. Desta alianza xorde un proxecto máis ambicioso que toma forma como disco, de título “Nigredo”, e coa formación dunha banda para presentalo en directo, respectando o deseño de son tan personal que emerxeu no proceso. Podemos entender este coma unha especie de “pop boregal” pola conexión que ten co pop nórdico, coa música boreal, moi descriptiva, cunha rotunda fe na simbiose entre o natural e o artificial. Todo isto dende a tímbrica e a rítmica da música tradicional galega, os colchóns dos violoncellos de Margarida Mariño e unha voz limpa, que chega lonxe levando letras cargadas de poesía e trascendencia, na lingua da súa terra mai. Porque se algo é esta música é un canto de amor á vida. É un ritual de conexión.
Folk, pop, disco, reggaeton, indie experimental… camiños que esta música percorre para
compartir esa estraña calma que nace da unión con todo o vivo.