Mallou

Mallou son Sabela Rey Bello e Benxamín Vázquez. Este proxecto nace como a consecuencia natural dunha viaxe conxunta e individual de ambos dende músicas lonxanas, dende as linguaxes da música americana de raíz: country, blues e soul ata a música galega.

Mallou achega un repertorio de cancións que forman parte do ideario musical galego con creacións e composicións propias, cunha profunda inspiración na maneira de crear de referentes como Fran Pérez, Narf; sentindo a música como elemento de encontro entre xéneros, estilos e realidades.

Mallou é unha paisaxe sonora, con fortes raíces na tradición, ensambladas con diversas infuenzas musicais, onde se crean alianzas estilísticas e entre xéneros musicais.

Mallou é tamén a homenaxe ao gaiteiro Xoán Bello Mallou, avó de Sabela, de quen toman o nome.

Facebook de Mallou

Instagram de Mallou