María Domínguez

María Domínguez é unha pianista española especializada en música clásica e contemporánea. Desenvolve a súa carreira tanto como solista como en diferentes grupos orquestrais, música de cámara e proxectos interdisciplinares.

No campo orquestral, María colaborou con orquestras como BKM Symphony Orchestra, Amikejo Orchestra e Young National Orchestra of the Netherlands (NJO), actuando nalgúns dos máis prestixiosos escenarios de Europa: Concertgebouw (Holanda), Kontzerhaus (Alemaña), Teatro Alto Adige (Italia), Orpheus Apeldoorn Theater (Países Baixos), entre moitos outros.

Na súa faceta como creadora e directora artística, María lidera o proxecto musical CONTENCO, formado polo percusionista Pablo Paz e o bailarín de flamenco Federico Ordoñez, unindo a música contemporánea coa danza flamenca e buscando a relación entre a vangarda e a tradición.

María tocou en festivais como Festival Images Sonores (Bruxelas), Xornadas de Música Contemporánea (Santiago de Compostela), Festival Winternights (Limburgo) e Festival Música Sacra (Maastricht); e colaborou con compositores como Michael Beil, Vykintas Baltakas, entre outros. Realizou gravacións de compositores tales como: Gubaidulina, Heinz Holliger, Jasper Vanpaemel y Einojuhani Rautaavara. E tocou con dúas das emisoras de radio máis relevantes da música clásica, Radio 4 e Música Viva de Radio Clásica (RNE).

No ano 2017 finalizou os seus estudos de Máster de Intepretación de Piano Clásico no Conservatorio de Maastricht (Países Baixos) coa calificación cum laude de sobresaínte. Ademáis especializouse en “Música contemporánea a través de técnicas non occidentais” no Conservatorio de Ámsterdam. No ano 2019 remata o Máster en Investigación Musical na Universidade Internacional de Valencia e, actualmente, está realizando o Posgrao en Música Contemporánea co Ensemble Ictus y Espectra en Bruxelas, Bélxica.

Coñecea mellor:

Web de María Domínguez

Facebook de María Domínguez

Instagram de María Domínguez

Youtube de María Domíguez