Marta González

Marta é técnica superior en produción e espectáculos audiovisuais, en cociña e gastronomía e en restauración, tamén realizou outra formación. Traballa e colabora no Festival Sinsal, Festival de Cans, Marisquiño, entre outros.

O seu traballo inclúe toda a produción das áreas de restauración dos eventos e o catering do persoal e invitados. Gran loxística!

Por outra banda, o seu traballo céntrase tamén na súa filosofía: proximidade á hora de contratar empresas, traballadores e produtos; Ecolóxico buscando o mínimo impacto á hora de xerar residuos.