Nana Swan

Estefanía Alonso Martínez (Nana Swan) leva desde pequena vinculada ao mundo da música. Estudou o Grao Profesional de canto, licenciouse en Historia e Ciencias da Música e hai pouco terminou o Grao de Maxisterio con mención en música. Ademais, desde hai moito tempo combina os seus estudos con dar clase e pertencer a bandas, sendo en todas tanto cantante como compositora.

Traballou como profesora en diversos centros públicos e privados como academias de música ou colexios, e actualmente é autónoma e cocreadora do proxecto “ Sonicreques”, baseado na educación musical lúdica.

Tamén se atopa centrada no seu alter ego musical chamado Nana Swan, o proxecto máis maduro e persoal que tivo ata a data. Os seus temas van desde a ciencia ficción á crise dos 30, tentando inspirarse en cousas que lle chaman a atención na súa vida diaria, sexan libros, películas ou historias persoais.

Instagram da artista