Néboa

NÉBOA

Néboa é un quinteto galego portugúes integrado por cinco artistas: Susana Nunes (voz e fx), Lucas de Centi (vibráfono, sintetizadores e percusión), Tomás Porteiro (guitarra, sintetizador e voz), Sandra Chon Pérez (percusión, vibráfono e sintetizadores) e Jacobo García (baixo e sintetizadores). Cunha proposta musical que combina a música tradicional galega e a canción de autor ca electrónica e o pop alternativo máis elegante, conseguen un sonido pop-folk con toques de electrónica que recorda en certos momentos a “Radiohead” e noutros a “Nadadora” ou a “Pauline en la Playa”. Nas súas actuacións en directo rodeanse de sintetizadores, guitarras, marimbas e percusións de música tradicional galega, que encaixan a perfección coas súas voces en galego e portugués.

No 2021 gañaron o “Premio MIN” a “Mejor disco en gallego” polo seu primeiro LP “A realidade enganosa”, publicado no ano 2020 despois do lanzamento de varios singles e un EP. No 2022 recibiron o “Premio Martín Codax da Música” na categoría de “Mellor banda de pop”.

Nese mesmo ano lanzan o seu último EP “Fósforo”, un álbum de cinco cancións coas que continúan derribando as barreiras entre xéneros musicais e innovando dentro da escena pop nacional.

YOUTUBE

SPOTIFY

INSTAGRAM

FACEBOOK