Nuria Pauluchi

Nuria Pauluchi é unha artista multidisciplinar e produtora natural de Ourense que transitou polos mundos da danza, do teatro e do cinema. Finalmente atopou a “liberdade” na música, que sempre acompaña dunha mirada á natureza.

No ano 2019 produce unha nova versión do Himno Galego indagando na música celta. O vídeo inspirouse no poemario “La Flor” de Rosalía de Castro. Destaca a calidez e sabedoría intuitiva do ser humano que personifica en diferentes mulleres.

No ano 2020 dá a coñecer o seu primeiro sinxelo “Promesa”, unha canción inspirada pola vaga de incendios do 2017 en Galicia. Actualmente está a promocionar o seu novo proxecto estreado en setembro do 2022 “Poetisa dunha noite” onde as rimas o soul e as flores son o fío condutor de temas como o amor e desamor.

Pretende así que a súa arte convértase nunha viaxe de reencontros cun mesmo,as súas raíces e a súa contorna.

REDES:

WEB: https://www.nuriapauluchi.com

YOUTUBE: https://www.youtube.com/channel/UCTgsFEFx4UCW0gMNYc72Gkw

SPOTIFY:https://open.spotify.com/artist/6b426kUp6yvHruQM3Spu6hsi=dDwe44ljQ9CX3B9vFsJbuQ

INSTAGRAM: https://www.instagram.com/nuriapauluchi/

TWITTER: https://twitter.com/NuriaPauluchi

FACEBOOK:https://www.facebook.com/nuriapauluchi

TIKTOK: https://www.tiktok.com/@nuriapauluchi