Patty Castro

Patty Castro é dunha aldea de Pontevedra, Vila de Cruces, un concello que se atopa na Galicia interior e central, pero vive desde hai 18 anos en Vilagarcía de Arousa.

Leva máis de 20 anos como vocalista en diversos grupos de rock, heavy e metal, D´trankis ,Salida de Emergencia, Meigha, Nao, Os Jhon Deeres… Tamén ten participado en diversos proxectos como colaboradora con grupos como Raiba ou A banda da loba .

Actualmente ten un proxecto de dúo en acústico onde se adica a versionar a mulleres en galego, Raíñas; ten experiencia na locución en radio e soportes de audio, en deseño gráfico, e  ten algo de experiencia como guionista de videoclips e redactora para webs musicais como Guitar Calavera.

É activista feminista, ecoloxista e fomenta a visibilidade  de mulleres do seu entorno, artistas e músicas, nun proxecto propio MGK, Mulleres Galegas Kañeras. Actalmente desenrola un programa de radioweb onde fai entrevistas a mulleres músicas galegas e tamén colaboro con GZ Música e Nós Tv con entrevistas a grupos galegos que teñan participación femenina.