Sacha na Horta

Sacha na horta nace no 2008, logo de gañar o concurso “A polo ghit” organizado por Radio Galega e Vieiros, no que se escolleu “Biocultivos” como canción galega do verán . O premio foi unha viaxe a La Habana para tocar na Feira do libro, unha experiencia ben simpática e estrafalaria que motivou a xuntanza dunhas cantas amigas para crear un repertorio e unha banda. A partir de ahí foise definindo un estilo propio, que demos en chamar “agro-punkcharanga”, no que as voces das mulleres atopan toda a forza, a urxencia e a liberdade para se expresar e falar do mundo que elas ven e tamén do que desexan.

Para Sacha na Horta é unha forma de expresión, un traballo, unha familia e unha forma de activismo social. No 2014 sacan o seu segundo traballo HORTA REVOLUTION. Ese é o nome do espectáculo que teñen actualmente. Sacha na Horta tocou en diferentes festivales pot toda Galicia: Festival de Pardiñas, Festival Poesia no Condado, Festival Millo Verde, Antrospinos, Foliada de Melide e muitos máis.

FACEBOOK DE SACHA NA HORTA

INSTAGRAM DE SACHA NA HORTA

YOUTUBE DE SACHA NA HORTA