Samudra Trío

Nos antigos textos védicos emprégase a palabra Samudra para referirse ao océano como auga que une á terra. Do sánscrito sam(unión) e eudra (auga), Samudra

(समुद्र) significa “unión das augas”. Así mesmo nesta agrupación, mimetizaron esa unión (fusión) de tres aguas, tres timbres e tres mulleres intérpretes. Samudra Trio nace do diálogo, da escoita e da curiosidade.

Elas son Laura, Jimena e Yamini e uniron os seus camiños para amosar unha nova visión da música de cámara no panorama galego cunha formación pouco común. Cada unha, provén dunha formación e dunhas experiencias musicais moi diversas.

Desde as súas orixes e vivencias, xurden os sons que conforman os tres timbres cos que buscan explorar nas súas posibilidades sonoras dos seus instrumentos musicais: vento, corda e tecla (frauta, cello e piano).

O seu primeiro proxecto, “Odisea”, é un percorrido sonoro de Occidente a Oriente con Europa, o seu entorno musical como eixe. A finalidade é presentar as diversas músicas clásicas do mundo, que son tantas e tan individuais como as culturas e as xentes que forman parte del.