Tanxugueiras

Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío forman Tanxugueiras. Son parte da nova revolución do folk galego no que inciden no uso e recuperación da tradición das pandereiteiras. Mesturan a tradición con novos estilos e harmonías. Tanxugueiras son renovación, reinterpretación e revolución para a tradición musical de Galicia. A súa música quere conseguir que a música tradicional se empodere nos mesmos escenarios que estilos como o pop ou o indie.

WEB: www.tanxugueiras.com

REDES SOCIAIS:

ESCÓITAAS