Willie & Winnie

Willie & Winnie é unha banda dalgún lugar, formada nalgún momento. O grupo está composto por Elise Denise e Andy Bill. Son coñecidas por ser aínda pouco coñecidas, así como polas súas pegadizas actuacións en directo.

​Non importa cando comezaron, e ninguén sabe cando terminará isto. Entenden a música, non como unha opción, senón como unha condición. Recentemente lanzaron un novo álbum “You & I” (10 de xaneiro de 2020). Unha combinación de art-rock, folk, jazz, ambient, música electrónica, etc. ​Definen a súa música como algo indefinible, só parte da súa personalidade. A literatura, o cinema, incluso a pintura, xogan un papel imprescindible para elas; sen a pintura, sen o cinema, sen a literatura, non serían elas, non serían Willie & Winnie.

Web de Willie & Winnie

Facebook de Willie & Winnie

Instagram de Willie & Winnie