WYYGGA

Artista de música urbana. Non aspira a ser unha “ Trap Queen” nin o necesita. Preséntase na escena Hip Hop seguindo a onda máis actual e de vangarda de Estados Unidos que nos fala da volta aos inicios, cando o Hip Hop era cultura e non mero entretemento. Todos os seus temas teñen contido e profundidade. É unha artista que non se recrea en banalidades, nin se recrea no politicamente incorrecto só por impresionar ou incomodar.

WYYGGA supón a volta á mensaxe como o centro de todo, a volta no seu estilo da “Música Real”, unha proposta musical, audiovisual e estética na que se mostra tal cal é sen artificio.

Facebook de Wyygga

Youtube de Wyygga