Rebeca Rods

Rebeca Rods presenta aos Grammy o seu disco “Gospel Symphony Vol.1” xunto a Black Light Gospel Choir

Compartir

A compositora e produtora Rebeca Rods acaba de presentar aos Grammy o seu cuarto disco xunto ao seu coro Black Light Gospel Choir “Gospel Symphony Vol.1”, un álbum gravado entre os estudios West East de Los Angeles e Madrid e producido por Carlos Rodgarman.

O disco está formado por 6 temas con arranxos sinfónicos que falan sobre temas como a fe ou a esperanza.

Dende Descúbreas desexámoslle moita sorte!

Xa podes descubrir ademáis o videoclip da versión en castelá de “Enséñame”, single que pecha o cuarto disco da artista. O clip está rodado no fermoso entorno das Illas Cíes: