portada de Guiri en mi ciudad

Sara Baños estrea a súa oda a Vigo: ‘Guiri en mi ciudad’

Compartir

Todo mal, a xoven dupla viguesa, formada por Sara Baños (unha das artistas do programa Descúbreas Mentoring) e María Lago, presenta o videoclip e single ‘Guiri en mi ciudad’. Este sinxelo é unha canción pop indie que fai unha divertida homenaxe a Vigo e foi producida no marco do programa Descúbreas Mentoring deste ano. ‘Guiri en mi ciudad’ está adicada a esas persoas que lles gusta visitar a cidade na que viven coa mirada dun turista e sorprenderse cos seus encantos. Por iso, no vídeo, aparecen lugares tan emblemáticos como Samil, O Sireno, o MARCO e hai ata un cameo do alcalde, Abel Caballero.

Todo mal é un grupo formado por María Lago e Sara Baños, dúas chicas viguesas de 23 anos, unha enfermera e outra estudante de enxeñería industrial. Amantes da música dende a infancia atopan a inspiración para compoñer en festivais de música nacionais. As súas maiores influencias son grupos como Ginebras, Lisasinson ou Cariño.

Iniciaron o seu proxecto musical este mesmo ano, en febreiro de 2022, coa publicación do seu primeiro single “Chica Integral” e que chamou a atención de programas prescriptores como Capitán Demo, de Radio 3. Nestes momentos traballan no que será o seu primeiro EP do que forman parte ambos singles mencionados. Podes seguilas nas súas redes sociais e suscribirte a súa canle para non perderte nada dos seus próximos lanzamentos.

Spotify

Yotube

Instagram