paideia

Vigo acolle o Demoday da Fundación Paideia e a Escola Organización Industrial

Compartir

A Fundación Paideia Galiza e a Escola de Organización Industrial (EOI) organizan un novo Demoday de Emprendemento Musical, esta vez na cidade de Vigo. Será o vindeiro venres 1 de xullo ás 20:00 h no Auditorio do Concello de Vigo (Praza do Rei, 1). Trátase dun evento co que se clausura o programa formativo  Coworking de Emprendimiento Musical no que participaron unha vintena de proxectos musicais galegos. No acto está prevista a asistencia da directora xeral de EOI, Nieves Olivera, de Guillermo Vergara, vicepresidente de Fundación Paideia Galiza e de Abel Caballero, alcalde de Vigo. O acto estará presentado pola DJ e colaboradora de radio e televisión, Natalia Ferviu. O acto constará dunha entrevista ao músico e artista Carlos Pereiro, coñecido artisticamente como “Carlangas”, que foi durante máis dunha década o vocalista da exitosa banda Novidades Carminha. Tamén se realizarán entrevistas e proxectaranse pezas audiovisuais dos 19 proxectos musicais participantes: Adrian Timms, Anahí, AriMagritte, Caldo, Corcheas no sofá, Cruzeiro, Diego Caride, French Riviera, Galician Army, Haenselus, Irevire, Losto Kinsky, Non Chillin’ Sesta Boys, Rober Carcos, Samudra Trio, Sanny, The Rapants, Walther D, Xhamain e Zabala Guitarrak. A celebración contará ademais co showcase de Hydn, artista galega precursora do galenglish que crea o que define como main character music, unha música que ela define como “unha especie de dark pop electrónico con influencias de dark rhythm and blues”. A entrada é gratuíta ata completar aforo. Pódese realizar a inscrición a través da web de la Fundación Paideia Galiza e do correo electrónico emprendimiento@paideia.es