Asi foi o paso de Descúbreas polo Vira Fest de Paredes de Coura

Compartir

A equipa de Descúbreas visitou este pasado fin de semana o Vira Fest, un evento internacional organizado pola Associação Cultural Rock’n’Cave de Paredes de Coura na vila portuguesa, no que diferentes iniciativas e proxectos educativos musicais se dan cita co obxectivo de compartir sinerxias e poñer no foco a importancia da educación musical.

Vanesa Sánchez, responsable de comunicación de Descúbreas, explicou o contido do programa e a necesidade da existencia de iniciativas que rachen coa brecha de xénero no sector musical. Ademáis compartiu algunhas das novidades de cara a esta nova ediciòn de Descúbreas, coma o novo proceso de Mentoring, á adhesión do proxecto a Keychange, o inicio de contactos de colaboración con SheSaidSo, MIM e Femnoise, ou a próxima participación da gañadora de 5 Latin Grammy Salomé Limón en Descúbreas.

Vanesa Sánchez, durante a súa intervención no Vira Fest
Showcase A Voz do Rock

Tivemos a oportunidade de descubrir iniciativas tan interesantes e  necesarias como Skoola – Academia de Música Urbana, Música e Inclusão no Alto Minho, A Música Dá Trabalho, Tum Tum Tum ou o Servicio Educativo das Comédias do Minho, do que ademáis coñecimos presencialmente as diferentes instalacións e espazos nos que realizan as súas actividades. Ademáis, presenciamos o showcase de A Voz do Rock de Viseu, un proxecto formado por octoxenarias e octoxenarios que fusionan música tradicional portuguesa e rock.

Durante o Vira Fest no soamente disfrutamos de charlas e mesas redondas, senon tamén de ensaios e concertos de combos musicais de diferentes escolas de música xunto a Escola do Rock de Paredes de Coura, entre elas Bonobo (Pontevedra), Allegro (Vigo) ou Rockschool Porto.

vira fest
Actuación do combo de Escolas de Música durante o Vira Fest

Xa podes descubrir todas as charlas das diferentes iniciativas musicais presentadas durante o Vira Fest aquí mesmo: