O derradeiro sábado 23 estivemos no MUMI, músicas no Miño, a feira de networking que pon en contacto ás escenas musicais de Galicia eo Norte de Portugal como parte das actividades programadas para esta edición de Descúbreas. A visita serviunos para consolidar os vínculos coa escena musical galega e ademais, para crear novos pontes de colaboración con outras profesionais dea escena musical portuguesa.
Durante a visita puidemos dar unha pequena charla, contactar con profesionais portuguesas nos speed meetings … e asistir a varios concertos de propostas musicais emerxentes que descubriremos como público nos vindeiros meses.