Plumas-amarelas

A Banda Da Loba estrea o videoclip de “Plumas Amarelas”

Compartir

A Banda Da Loba acaba de estrear o videoclip de “Plumas Amarelas”, un tema que en palabras da propia banda é “un canto á liberdade, unha homenaxe a todas as mulleres anónimas que, dende o cotiá, loitaron para que nós hoxe poidamos ser quen somos e vivir como vivimos.”.

O tema foi gravado por Arturo Vaquero nos Estudios Abrigueiro, e o seu videoclip, realizado por Lucas Terceiro, está protagonizado por unha multitude de mulleres e nenas de todas as idades cantando con alegría e optimismo o tema.

Xa podes descubrilo aquí!: