A Banda Da Loba acaba de presentar “Tribo”, primeiro adianto do seu novo disco “Xabón Lagarta”, que verá a luz o próximo mes de abril. O novo álbum da formación estará inspirado no universo vital das lavandeiras e nos lavadoiros, espazos de “liberdade, confidencias e insubmisión”.
O alegre e positivo single foi gravado en Abrigueiro Estudos por Arturo Vaqueiro, quen tamén é responsable da mestura. O seu videoclip é unha creación de Seispés Producións Creativas, e nel vemos á Banda Dá Loba compartindo sorrisos nun tradicional lavadeiro, ademais da diferentes persoas expresando felicidade mentres cantan o tema.
Descubre xa o videoclip de “Tribo”!: