A Riso lanza su single debut

A Riso, a voz da música galega que pide ser escoitada

Compartir

A nova cantautora A Riso (Alba Nogueira) lanza o seu primeiro single, ‘I eu?’, canción e videoclip que se gravou e producido no marco do programa Descúbreas Mentoring da Deputación de Pontevedra. Este single debut é o adianto do que será o seu primeiro EP.

Todas as personas temos dereito a ser escoitadas, pero a voz das mulleres continúa a ser  silenciada en ámbitos como a música e aas artes en xeral. A Riso loita contra esta situación baixo unhas letras que reivindican unha cultura diversa e igualitaria. ‘I eu?’, lánzase este 30 de agosto no marco do programa Descúbreas, da Deputación de Pontevedra. 

Esta canción é un canto á resistencia e á loita pola defensa dunha voz propia. Fala da impotencia ante miradas externas, cheas de prexuízos. Fala da desigualdade e inxustiza. A Riso acompaña esta potente mensaxe cunha música que fusiona a canción de autor, co folk, o R&B e o pop, estilos presentes en todo o seu repertorio. O single ‘I eu?’ foi producido por Javier Abreu, no marco do programa Descúbreas, no estudio Estereoarte. Así como, o mesmo 30 de agosto estréase xunto a canción o videoclip homónimono que puido contar con An Táboas, Xiana Matos, Patricia Villalón, Maite González e Andy González. 

Nestes momentos, A Riso, continúa a compoñer e creas as cancións que acompañarán a este ‘I eu?’ nun próximo EP que verá la luz en 2023. Ademais, A Riso, seudónimo de Alba Nogueira, compaxina a súa faceta de cantautora ca de actriz.

A Riso está abríndose un oco na escena musical a través da súa honestidade, o seu gusto pola posta en escena e as súas letras reivindicativas.

Xa podes escoitar ‘I eu?’ de A Riso aquí: