Hoxe 17 de Febrero ábrese o prazo para inscribirse na III Edición do Programa de Mentoring de Descúbreas da Deputación de Pontevedra. Se resides en Pontevedra, tes entre 16 e 35 anos e creaches ao menos unha canción, podes optar a unha das 8 becas que concede a Deputación de Pontevedra, e que servirán para que poidas dar os teus primeiros pasos na industria musical a través de mentorías con mulleres referentes da industria, a gravación do teu single nun estudio profesional e a realización dun videoclip.
QUE DOCUMENTACIÓN PRECISO PARA PARTICIPAR?
- Un currículum da túa carreira musical e a documentación acreditativa desta
- Unha carta de motivación
- Un vídeo cunha interpretación musical dunha canción propia
Lembra ler as bases completas para non deixarte nada atrás!
Nas pasadas edicións, Wöyza, Patricia Hermida, Andy González, Priscila Retamozo e Raquel Seijo foron as mentoras que guiaron e formaron ás rapazas a través de mentorías individuais e talleres grupais, como o de iniciación á industria musical, o de proceso creativo ou a visita ao Festival Vive Nigrán, onde aprenderon como se organiza un gran festival.
Dalle ao play ao video para descubrir como foi o Mentoring da II Edición.
E descubre o resultado dos singles e videoclips das dezaseis mozas das dúas primeiras edicións premendo no botón:
Tes dúbidas de como funciona o proceso do mentoring? Asi é:


CRITERIOS DE SELECCIÓN
Valoraremos as túas aptitudes, o teu talento, as túas ganas, pero, sobre todo, tentaremos saber se é o momento axeitado para que deas eses primeiros pasos.

PROGRAMA DE BECAS
Se resultas elixida entre as candidatas, as nosas mentoras asesorarante para que empeces a camiñar no mundo da música, graves unha canción nun estudio profesional e realices un vídeo musical.

ASESORAMENTO PROFESIONAL
O programa inclúe seis sesións de asesoramento en liña con expertas coas que descubrirás as claves da escena musical.

ESTUDIO DE GRAVACIÓN
Acompañámoste no proceso creativo e darémoslle forma gravando a túa primeira canción nun estudio profesional.

O TEU PRIMEIRO VÍDEO MUSICAL
A mentoría musical tamén inclúe a realización do teu vídeo musical en formato profesional.
Se tes algunha dúbida non dubides en escribirnos a info@descubreas.com