Descubreas 3 presentación

Descúbreas 3 arranca con forza na súa gala de presentación

Compartir

Onte, mércores 15 de febreiro, inauguramos a terceira edición de Descúbreas cunha fermosa gala na que participaron as mentorizadas da primeira e segunda edición.

O acto de presentación tivo lugar na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo e contou co apoio da Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e coa asistencia de representantes do sector musical, coma a artista viguesa Wöyza.

O evento marcou o pistoletazo de saída da terceira edición que ven cargada de novidades, como a creación dunha banda propia que acompañe ás novas mentorizadas nas súas actuacións en directo, o lanzamento dun novo vídeo colaborativo ou a celebración dunha xornada profesional con potentes empresas da industria musical.

Os asistentes poideron gozar dunha gala chea de emotividade presentada por Xía Rodriguez e Alba Nogueira, mentorizadas de Descúbreas. O acto iniciouse coas motivadoras palabras de Carmela Silva para dar paso ás actuacións de Sara Casas, María Gabeiras, Ane Swan, A Riso, Caro e Xía Rodríguez, mentorizadas de Descúbreas I e II, que en todo momento estiveron acompañadas polas músicas Laura Solla (guitarrista de Blas Cantó, Alba Reche e Beatriz Luengo), Marina Acuña (batería), Lidia Aldao (pianista de Eva Pico) e Lucía Fernández (baixista de Agoraphobia e The Funkless).

Con esta nova edición, tamén se inicia o programa de Mentoring de Descúbreas que outro ano máis acompañará a oito rapazas que soñen con dar os seus primeiros pasos na industria da música. O prazo para presentar as solicitudes abrirase este venres 17 de febreiro ata o 10 de marzo. Pódedes consultar toda a información na nosa web.