Ane Swan

Single gravado en Descúbreas Mentoring: "Queen Among Shadows"

É unha das 8 mozas que publica a súa canción no Programa de Mentoring de Descúbreas II

Ane Swan é unha xoven artista natural de Cangas do Morrazo. Dende moi pequena xa mostra aptitudes artísticas que a levan a estudar música e canto en diferentes escolas e no “Conservatorio Profesional de Música” da súa cidade natal. Pero a música non é a súa única paixón e con tan só 14 anos escribe e publica o seu primeiro libro “Videojuego por condena”, unha novela de ciencia ficción.
 
Con 16 anos lanza o seu single debut “Queen Among Shadows” dentro do Programa de Mentoring de Descúbreas II, sendo a artista máis nova da edición. A canción é unha mestura de pop e rock cun marcado estilo americano que deixa ver a influencia que teñen en Ane artistas como Ariana Grande, Taylor Swift e Dove Cameron. “Queen Among Shadows” é un canto de apoderamento feminino que reune todos os elementos necesarios para aumentar a confianza nunha mesma. 
 
Ó rematar Descúbreas Mentoring, Ane é unha das artistas invitadas que actúa na gala de clausura do programa “Depocrea” da Deputación de Pontevedra.

Descúbreas Mentoring

Descúbreas mentoring é unha das accións máis importantes do programa Descúbreas que ten como obxectivo o fomento do talento feminino na música. Na súa primeira edición, oito mozas da provincia de Pontevedra foron elixidas por un xurado de profesionais da música para formar parte deste programa de  mentoría. En Descúbreas Mentoring leváronse a cabo varios procesos para acompañar ás mozas nos seus primeiros pasos no sector da música. As  mentorías versaron sobre industria musical, dereitos de autor, o proceso creativoorganización de grandes eventos, os concertos en directo ou a imaxe e marca persoal, entre outros temas. Para iso, contamos coa participación das mentoras Patricia HermidaRaquel Seijo,  Wöyza e Andy González. Ademais, as mozas puideron coñecer como se realiza a produción dun  videoclip, foron autoras do guión e traballaron de forma estreita co equipo audiovisual para conseguir o  videoclip desexado. Por outra banda, coñeceron as reviravoltas da gravación en estudo co equipo de Regalamúsica, que conta con ampla experiencia no ámbito da produción de música e na xestión editorial.