Visita al Festival Vive Nigrán con Raquel Seijo de Sweet Nocturna

Descúbreas no Festival Vive Nigrán

Visita al Festival Vive Nigrán con Raquel Seijo de Sweet Nocturna
A presidenta da Deputacion de Pontevedra, Carmela Silva (no centro) Raquel Seijo (izda.) e as rapazas de Descúbreas.

Como se organiza un festival? Como cambiou a pandemia un evento que acollía a máis de 5000 persoas? Que outras profesións son imprescindibles cando se prepara un festival como o Vive Nigrán? As respostas a estas e a outras preguntas déunolas Raquel Seijo, xerente de Sweet Nocturna, na nosa visita ao festival promovida polo Concello de Nigrán e que organiza a súa empresa.  

Despacho de billetes, zonas de acceso ao festival, platea, barras, servicios, backstage, escenario… Nun festival, todo debe estar ben ordenado e controlado por personas que responden a un plan trazado pola organización. Todas estas zonas son parta do engrenaxe que debe funcionar coma un reloxo para que o evento saia ben e o público teña unha boa experiencia. 

Con todo, hai veces que pode fallar algo, e por iso, tal e como nos explicou Raquel, é “importante ter diferentes opcións e pensar todos os escenarios posibles”. Este é un ensino que aprendes coa experiencia, segundo esta promotora musical curtida en máis de 1000 concertos e festivais de primeiro nivel. 

Raquel Seijo organizadora del Festival Vive Nigrán con Descúbreas
Raquel Seijo

A pandemia do coronavirus foi un dos imprevistos con peores consecuencias e para a que a  industria musical non estaba preparada. Tras a cancelación do 90% dos concertos e festivais de música en España, as promotoras musicais puxéronse a traballar con expertas no ámbito de seguridade e sanidade. De aí xurdiron manuais para eventos en época de pandemia e novas formas de facer que teñen por obxectivo salvagardar a saúde do público.

Así, Raquel explicou ás participantes en  Descúbreas aspectos sobre este novo protocolo como a ampliación da zona de acceso do público (triplicaron os corredores de entrada ao recinto), a separación das cadeiras, limpeza das mesmas e de todas as instalacións, o persoal de seguridade que coida que o público se manteña sentado e coa máscara posta e por suposto, a drástica diminución do aforo… Todas estas medidas, fan que o slogan “a cultura é segura” sexa unha realidade.

MounQup en el Festival Vive Nigrán con Descúbreas
MounQup

MounQup no Vive Nigrán

Por outra banda, na visita, as participantes no programa  Descúbreas puideron experimentar como é estar sobre as táboas dun gran escenario como o do Vive Nigrán. Con Raquel, percorremos o  backstage, presentounos ao equipo de persoas que se encarga da  rexeduría no escenario e alí coñecemos a unha das artistas do cartel do festival deste ano: MounQup.

MounQup veu de Francia para vivir no rural galego, nunha aldea que estaban a recuperar. Catro anos despois quedou embarazada e viu que era o mellor momento para desenvolver o seu proxecto musical. Desde a súa aldea, Camille  Hédoin compón música tremendamente cosmopolita investigando con instrumentos e cun computador. Durante os seus concertos, MounQup usa  loops para gravar a voz e ten bases electrónicas que lanza mentres actúa. A súa proposta é moi peculiar e valente. A súa charla coas mozas que participan no programa de  Descúbreas foi moi  instructiva de fronte ao empoderamento no  escenario e á defensa da voz propia como artistas.

Visita al Festival Vive Nigrán con Raquel Seijo de Sweet Nocturna

Tras esta actividade tan interesante, coincidimos coa presidenta da deputación, Carmela Silva e coa deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, responsable da entidade Festivais Rías Baixas no que está inscrito o Vive Nigrán.

Despois, gozamos dos concertos de MounQup,  Sidecars, do ambiente, mentres soñabamos con que dentro dun tempo, algunhas das participantes en Descúbreas estarán nese escenario ou tras a mesa de son, ou a cargo da rexeduría, na organización,…