Phoebe

Phoebe Bridgers versiona “Nothing Else Matters” de Metallica

A artista estadounidense Phoebe Bridgers acaba de lanzar unha íntima versión do clásico de Metallica “Nothing Else Matters”. A cover foi producida xunto a Ethan Gruska e Tony Berg.

Bridgers é unha gran fan de Metallica e declarou sobre a súa versión: “Sinto que case soa barroco”. Sen dúbida a cover da artista dálle un xiro de 360º á versión orixinal.

O tema lanzouse orixinalmente no ano 1992 como parte do álbum homónimo da banda, e esta nova versión estará incluída en “The Metallica Blacklist”, un disco onde 53 artistas farán unha versión os clásicos de Metallica.

Non deixes de escoitar a versión de Phoebe Bridgers!