A cantautora estadounidense Angel Olsen acaba de estrear unha cover do clásico de Billy Idol “Eyes Without A Face”. O tema foi publicado orixinalmente en 1983 e formará parte agora do novo EP de Olsen, formado integramente por covers de temas dos 80. “Aisles” sairá á venda este próximo 20 de agosto.
Non perdas a versión de Olsen, que introduce sons synt -pop dos oitenta.
Descubre xa como soa!