La cantante Woyza en una clase con las participantes de Descúbreas en Vigo

Mentoría con Wöyza. Por fin estamos todas!

Compartir

A mentoría conxunta con Wöyza propiciou que por fin puidésemos reunírmonos todas nunha actividade, o que foi posible antes debido á pandemia e ás restricións sanitarias.

O pasado 24 de xullo tivo lugar, na sede de Vigo da Deputación Provincial, a mentoría coa cantante, compositora e produtora Wöyza. No acto de presentación desta actividade estivo tamén presente a presidenta da Deputación, Carmela Silva, a deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, e a deputada de Cultura e Igualdade, Victoria Alonso. No seu discurso Carmela Silva animou as mozas participantes no programa “Descúbreas” a empoderarse, perseguir os seus soños e levar a voz das mulleres á música.

Tras esta primeira parte do encontro, Wöyza impartiu un obradoiro sobre os aspectos clave do se proceso creativo, desde a creación do primeiro bosquexo da canción, pasando por como se vai enriquecendo cos arranxos e achegas musicais doutras persoas e ata como remata o proceso no estudio.

A continuación as mozas participantes en “Descúbreas” puideron aprender os aspectos básicos dunha proba de son.

A experiencia de poder recibir a mentoría de Wöyza fóra das pantallas era necesaria despois de tantos meses de clases e encontros virtuais. Esperamos que para a seguinte edición de “Descúbreas” as condicións sanitarias nos permitan máis encontros coma este.