pantalla colaborativo

Descúbreas presenta o vídeo colaborativo de “Matriarcas” a canción de Guadi Galego

Este pasado venres 16 de abril Descúbreas e a Deputación de Pontevedra celebramos o acto “Música e Feminismo”, no que puidemos presenciar en directo o talento de artistas como Margarida Mariño ou Irene e Mariña, de Furious Monkey House. Ademais, gozamos de dúas pequenas reportaxes sobre as cancións icónicas do feminismo do pasado e do presente. Cancións que forman parte da loita das mulleres de todo o mundo pola igualdade.

Pero un dos momentos clave do acto e que conseguiu emocionarnos a todas foi a presentación do vídeo colaborativo que realizamos desde Descúbreas xunto a diferentes escolas da provincia de Pontevedra. A canción elixida foi ” Matriarcas”, da artista galega Guadi Galego.

Queremos agradecer a todas as mozas e mulleres que participastes, pero tamén queremos agradecer de maneira especial ás escolas, que a pesar das dificultades destes meses apoiaron esta iniciativa. Moitísimas grazas á Academia de Música Compás, á Academia Maison, a Estudo Bonobo, ó Centro de Enseñanza Musical Allegro, a Más Que Guitarra, á Escola de Música de Mondariz e á Escola de Música Mundo Sonoro cunha mención especial a Najla Shami.

Aquí vos deixamos o vídeo. Disfrutadeo e compartideo!