Hydn

Hydn lanza o videoclip de Bella Hadid

Compartir

A artista galega Hydn acaba de lanzar o videoclip de “Bella Hadid”, o seu novo single e tema que presentou como candidatura ao Benidorm Fest.

O clip, dirixido por ela mesma xunto a Iago Vilarinho, responsable tamén da impecable direción de fotografía, contén claras e logradísimas referencias a películas tan famosas como Titanic, Romeo Y Julieta ou 10 Razones Para Odiarte, plasmando algunhas das súas escenas máis inesquecibles co mesmo encadre e iluminación, como a secuencia da pintura de Rose en Titanic, o encontro entre Romeo e Xulieta tras o cristal dun acuario ou o momento do primeiro beso entre Kat e Patrick en 10 Razones Para Odiarte.

Descubre xa o videoclip porque vaite sorprender!