Caro

Caro é o nome artístico e o proxecto persoal de Carolina Vázquez Lemos, unha cantautora viguesa que formou parte da segunda edición do Programa Descúbreas Mentoring no que presenta as suas prometedoras composicións asentadas sobre a calidez dunha voz que nos recorda a artistas do calado de Morgan, Billie Eilish ou Olivia Rodrigo.

“Despiérate”, o seu single de lanzamento, convírtese nunha clara mostra da súa versatilidade compositiva e, ademais, da dimensión que alcanza o seu mais propio e persoal instrumento: a voz. En “Despiérate” trata as inseguridades dunha adolescente ante o plantexamento do seu futuro mais inmediato: seguir cara aos seus soños, ou bien ir a por o que chaman “o seguro”.

Descúbreas Mentoring

Descúbreas mentoring é unha das accións máis importantes do programa Descúbreas que ten como obxectivo o fomento do talento feminino na música. Na súa primeira edición, oito mozas da provincia de Pontevedra foron elixidas por un xurado de profesionais da música para formar parte deste programa de mentoría. En Descúbreas Mentoring leváronse a cabo varios procesos para acompañar ás mozas nos seus primeiros pasos no sector da música. As mentorías versaron sobre industria musical, dereitos de autor, o proceso creativo, organización de grandes eventos, os concertos en directo ou a imaxe e marca persoal, entre outros temas. Para iso, contamos coa participación das mentoras Patricia Hermida, Raquel Seijo, Wöyza e Andy González. Ademais, as mozas puideron coñecer como se realiza a produción dun videoclip, foron autoras do guión e traballaron de forma estreita co equipo audiovisual para conseguir o videoclip desexado. Por outra banda, coñeceron as reviravoltas da gravación en estudo co equipo de Regalamúsica, que conta con ampla experiencia no ámbito da produción de música e na xestión editorial.