XIA RODRÍGUEZZ

Single gravado en Descúbreas Mentoring: "Ya No"

É a segunda das 8 mozas que publica a súa canción no Programa de Mentoring de Descúbreas I

Xia Rodríguezz é unha cantante e compositora de Pontevedra que dende nena aprende a cantar de maneira autodidacta e xa, na adolescencia, plantéxase o obxectivo de dedicarse profesionalmente á música. Para poder realizalo, iniciou a súa formación na escola  privada de música “Pianagrama”, onde continúa ampliando os seus coñecementos musicais.
 
Xia pertence a unha xeración de mozas que deixaron atrás o rol de mulleres que choran por un amor que xa non está. O seu single “Ya No”, gravado durante o Programa de Mentoring de Descúbreas I, é unha boa mostra dese cambio e un exemplo de como a música pop e desenfadada tamén pode ser reivindicativa, ao estilo de voces coma Taylor Swift, Dua Lipa ou Aitana. Segundo a propia artista, Ya No pretende ser unha canción motivadora cara ao amor propio e a superación, que dea forza a quen a escoite”. Con esta canción pop-rock, que desborda frescura e poderío por milleiros, Xia Rodríguezz arrinca a súa carreira musical actuando en diversos programas da Televisión de Galicia e en eventos tan destacados coma a “Holi Life” de Vigo ou o festival “Lagoa Fest no Camiño”. No 2022, tamén estrena un novo proxecto musical xunto ó guitarrista Mario Alonso.
 
A música non é a única paixón de Xia que está a rematar os seus estudos de arte dramático co obxectivo de poder dedicarse ós musicais.

SPOTIFY

TIK TOK

YOUTUBE

INSTAGRAM

Descúbreas Mentoring

Descúbreas mentoring é unha das accións máis importantes do programa Descúbreas que ten como obxectivo o fomento do talento feminino na música. Na súa primeira edición, oito mozas da provincia de Pontevedra foron elixidas por un xurado de profesionais da música para formar parte deste programa de  mentoría. En Descúbreas Mentoring leváronse a cabo varios procesos para acompañar ás mozas nos seus primeiros pasos no sector da música. As  mentorías versaron sobre industria musical, dereitos de autor, o proceso creativoorganización de grandes eventos, os concertos en directo ou a imaxe e marca persoal, entre outros temas. Para iso, contamos coa participación das mentoras Patricia HermidaRaquel Seijo,  Wöyza e Andy González. Ademais, as mozas puideron coñecer como se realiza a produción dun  videoclip, foron autoras do guión e traballaron de forma estreita co equipo audiovisual para conseguir o  videoclip desexado. Por outra banda, coñeceron as reviravoltas da gravación en estudo co equipo de Regalamúsica, que conta con ampla experiencia no ámbito da produción de música e na xestión editorial.