EVA PICO

Eva Pico lanza o seu single "La Última Canción"

É a cuarta das 8 mozas que publica a súa canción no Programa de Mentoring de Descúbreas

É unha moza de 16 anos de Marín que leva facendo música toda a vida, con moitas ganas de mostrarlle ao mundo os seus proxectos e moitos soños por cumprir. 
 
O seu tema chámase “A Última Canción”, unha balada de desamor que sorprende pola súa madurez, a pesar de tratarse do debut da nova compositora.  “A Última Canción” é en realidade a primeira que esta pontevedresa gravou nun estudo profesional grazas ao programa Descúbreas Mentoring da Deputación de Pontevedra.
 
Talento non lle falta a Eva, con apenas 17 anos é clarinetista, trompetista e compón ao piano.  Ten unha voz elegante, potente e sobre todo, cunha personalidade abrumadora.
 
Eva Pico ofreceu xa máis de media ducia de concertos en formato trío xunto a Sara Castro (piano) e Marián Hasting (guitarra).
 

Descúbreas Mentoring

Descúbreas mentoring é unha das accións máis importantes do programa Descúbreas que ten como obxectivo o fomento do talento feminino na música. Na súa primeira edición, oito mozas da provincia de Pontevedra foron elixidas por un xurado de profesionais da música para formar parte deste programa de  mentoría. En Descúbreas Mentoring leváronse a cabo varios procesos para acompañar ás mozas nos seus primeiros pasos no sector da música. As  mentorías versaron sobre industria musical, dereitos de autor, o proceso creativoorganización de grandes eventos, os concertos en directo ou a imaxe e marca persoal, entre outros temas. Para iso, contamos coa participación das mentoras Patricia HermidaRaquel Seijo,  Wöyza e Andy González. Ademais, as mozas puideron coñecer como se realiza a produción dun  videoclip, foron autoras do guión e traballaron de forma estreita co equipo audiovisual para conseguir o  videoclip desexado. Por outra banda, coñeceron as reviravoltas da gravación en estudo co equipo de Regalamúsica, que conta con ampla experiencia no ámbito da produción de música e na xestión editorial.