“Agitar”, o primeiro adianto do novo disco de Bala.

Bala, Ánxela Baltar (guitarra e voz) e Violeta Mosquera (batería), anunciaba hai poucos días o nome do seu novo disco, Maleza. O seu terceiro disco sairá á luz o 14 de maio con Century Media.

Mentres tanto podemos gozar dun single de adianto, Agitar, en todas as plataformas dixitais e xunto a un videoclip en Youtube.

A letra do single é da escritora galega Lúa Mosquetera. Tamén colaboran a actriz Najwa Nimri e Bonnie Buitrago, baixista de Nashville Pussy.

Queres ver o novo videoclip?