Amy Winehouse

Anunciada a “Amy: Beyond the Stage”, unha nova exposición sobre Amy Winehouse

Boas novas para @s seguidores de Amy Winehouse, e é que acaba de ser anunciada unha nova exposición retrospectiva sobre a figura da icónica artista.

O Design Museum de Londres albergará esta nova exposición que abrirá as súas portas o próximo 26 de novembro, e que explorará o proceso creativo da artista, a súa música e inconfundible estilo a través artigos persoais como cadernos con letras manuscritas, fotografías ou pezas de roupa.

A exposición contará ademais cun espazo inspirado nos Metropolis Studios, nos que Amy gravou o seu inesquecible álbum “Back to Black” en 2006. O disco será ademais reeditado o próximo 15 de outubro en formato picture disc de edición limitada.