A raíña do pop acaba de anunciar a estrea do documental “Madame X Tour”, un filme rodado en Lisboa durante a íntima xira do seu décimo cuarto álbum de estudio, que colgou o cartel de sold out en todas as súas datas.
O documental protagonízao o alter ego da artista, transformada nunha axente secreta que segue os pasos da propia Madonna. A estrea está programada para o 8 de outubro en Paramount+ e en MTV. Descubre xa o seu teaser!