broken_peach

Broken Peach lanza a súa nova “Rainbow Session”

Compartir

Broken Peach acaba de lanzar unha nova Rainbow Session.

Nesta ocasión a banda versiona o exitoso “What A Feeling”, tema central da BSO da película “Flashdance” estreada en 1983 e interpretada por Irene Cara, quen gañou o Premio Grammy á Mellor Interpretación Vocal Pop Feminina.

“What A Feeling” convertiuse en todo un éxito no seu lanzamento, manténdose durante seis semanas no número un do Billboard Hot 100 e nos primeiros postos das listas de todo o mundo. Alzouse ademáis co Premio da Academia e o Globo de Oro á Mellor Canción Orixinal.

A nova Rainbow Session de Broken Peach tamén inclúe o tema “More Than A Feeling” da banda estadounidense Boston. A canción foi lanzada como primeiro sinxelo do seu disco debut no ano 76 e acadou o top 5 no US Billboard Hot 100.

A Rainbow Session está gravada completamente en vivo e nunha sola toma de audio e video.

Disfruta dela e da súa intensa enerxía!