Caamaño & Ameixeiras

Caamaño & Ameixeiras participan na banda sonora da curtametraxe “O neno sardiña”

O dúo formado por Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras colabora en dous temas da banda sonora da curta “O neno sardiña”, dirixida por Lucía Estévez.

A banda sonora orixinal, que correu a cargo de Mario G. Cortizo, xa está dispoñible en tódalas plataformas dixitais e a curtametraxe tivo a súa estrea mundial no pasado “Festival Internacional de Cine de Xixón”. 

Na canción “Lonxe dos mares”, a música alterna intervencións do dúo Caamaño & Ameixeiras (acordeón e violín) con quinteto de vento e percusión. O deseño de son deste tema é de “La Panificadora Estudios”.

Más artículos sobre...
Consultas en línea industria musical
Industria musical
Consultas en línea hazlo tú misma
Hazlo tú misma
Categoria miscelánea
Miscelánea