Cantometrics

Cantometrics, a banda de Marina (mentorizada da II edición de Descúbreas), lanza o seu disco debut

Compartir

Cantometrics, a banda de Marina Vigo (mentorizada da II edición de Descúbreas), acaba de lanzar o seu primeiro disco nas principais plataformas dixitais.

O álbum homónimo é unha revisión do arquivo de Alan Lomax e foi gravado por Rubén Montes en Disquesi Studio, mesturado pola gañadora de 5 Latin Grammy Salomé Limón e masterizado por Gilbert “Carvalho” Eiche. Nel inclúense 9 temas entre os que atopamos colaboracións con artistas como Fran Trashorras, Iago Camaño ou Os Melidaos.

Cantometrics foi finalista recentemente no concurso Sonidos Mans. Non deixes de escoitar este primeiro traballo!