Este próximo sábado 3 de xuño a partir das 10.30h na Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo terá lugar a segunda edición do taller de Descúbreas “Súbete ao Escenario”.
Impartido pola artista e produtora Wöyza, o taller estará enfocado ao coñecemento de todos os procesos que calquera artista realiza ao subir ao escenario. Así, as participantes terán a oportunidade de coñecer os materiais e documentación técnica previos a un concerto, como son o rider técnico, as partes que o compoñen, cal é a súa importancia no proceso etc…
O taller tamén abordará temas como a actitude sobre o escenario ou a planificación da posta en escena: a disposición dos elementos, as diferentes persoas que traballan para que o son da banda/artista sexa perfecto ou o equipo técnico necesario.
A sesión comezará cunha charla técnica introductoria por parte do equipo de Descúbreas ás 10.30 e posteriormente Wöyza abordará temas como a actitude sobre oescenario ou a planificación da posta en escena: a disposición dos elementos, as diferentes persoas que traballan para que o son da banda/artista sexa perfecto ou o equipo técnico necesario.
Anímate a descubrir todo reservando a túa praza en info@descubreas.com