Laura Solla

Laura Solla, música e colaboradora da baking band de Descúbreas, súbese ao escenario como guitarrista de Coldplay

Compartir

A música galega Laura Solla, tamén colaboradora na Backing Band da III edición de Descúbreas, compartiu escenario con Coldplay nos 4 concertos no Estadio de Coímbra que a banda ofreceu durante a súa exitosa xira “Music Of The Spheres”, ante nada menos que 50.000 espectadores.

A guitarrista recibiu a invitación por parte de Live Nation, a promotora dos concertos, para acompañar a icónica banda interpretando o seu tema “Sparks” co “lap steel”, tamén coñecida como guitarra hawaiana, un instrumento que funciona a través dunha complexa técnica que Laura domina.

Laura Solla
Laura Solla, durante un dos concertos de Coldplay

A artista mostrou así a súa emoción nas redes sociais: “Onte Coldplay convidáronme a tocar un tema co Lap Steel e creo que está a ser a experiencia máis forte que vivín ata o de agora, unha non toca todos os días diante de 50.000 persoas cunha das bandas máis grandes do mundo. Estou en shock, emocionada, nerviosa, tensa, ansiosa… espéranme un par de semanas moi intensas, aínda non me termino de crer o que me está pasando”.

Laura Solla é unha talentosa música que xa ten xirado con artistas como Aitana, Blas Cantó ou Nat Simons e formou parte da backing band de Descúbreas na Gala de Presentación da súa III edición.

laura solla
Larura Solla na Gala de Presentación de Descúbreas III

Aquí podes ver o inolvidable momento xunto a Coldplay. Parabéns Laura!: