Carla

Carla Lourdes lanza “El Querer De Las Flores”, o seu primeiro EP

Compartir

A compositora galega Carla Lourdes acaba de publicar “El Querer De Las Flores”, o seu primeiro EP, un traballo conceptual adicado á súa nai formado por cinco cancións. 

O Ep foi producido por Raúl Ben en Gingko Music Estudio e masterizado por Diego Bea Besada en Beabesada Estudios (Gondomar). Os videoclips do Ep foron realizados por Pixelize Audiovisual. A deseñadora Clara Moro é a responsable do artwork do EP.

Non o perdas!