dani versiona “Rumore” de Raffaela Carrá xunto a Aaron Rux 

Compartir

dani acaba de lanzar xunto ao compositor e produtor Aaron Rux unha versión do clásico “Rumore” de  Raffaella Carra.
O tema forma parte da BSO do capítulo 6 de “Nasdrovia”, a serie de Movistar + protagonizada por Hugo Silva e Leonor Watling. A arte visual da portada desta nova cover é obra de Silvia Coca.
 
A artista galega atópase actualmente ultimando os detalles do seu novo disco de estudio, que verá a luz en breve e levará por título “Postdata”.
 
Mentres esperamos a coñecer  os novos temas do novo álbum… Descubre xa como soa “Rumore”!