Premios martin codax

Descúbreas, finalista aos IX Premios Martín Códax da Música

Compartir

Temos unha gran nova para comezar o día! Descúbreas, o proxecto de apoio, visibilización e impulso ao talento musical feminino promovido pola Deputación de Pontevedra e Regalamúsica é finalista aos IX Premios Martín Códax da Música na Categoría a Mellor Espazo de Difusión e Comunicación Musical!

Os Premios Martín Códax da Música están promovidos pola Asociación Músicas ao Vivo, e o seu obxectivo é visibilizar e recoñecer a diversidade e calidade artística das producións do sector musical galego. As gañadoras e gañadores daranse a coñecer o próximo 5 de outubro, unha vez rematen as votacións finais das socias e socios de Músicas Ao Vivo.

O acto de comunicación dos proxectos finalistas celebrouse este pasado 14 de setembro na Festa de Finalistas de Cambados, onde tamén resultaron nominadas nas distintas categorías proxectos musicais liderados por mulleres como De Vacas, Bala, Nastasia Zürcher, Samudra Trio, Katerina Linke ou Antía Muíño.

Moitas grazas por esta emocionante nominación!