O primeiro sinxelo do esperadísimo disco debut de Laura LaMontagne & PicoAmperio “Algo Que Sinalar”, xa está aquí!
“Banharemonos nas ondas” é un tema baseado nunha cantiga de Martín Códax e producido por PicoAmperio que chega acompañado dun fermosísimo videoclip dirixido por Alba Domínguez cunha dirección de arte de Marta Bouzas, e no que vemos a ambos artistas sumerxidos no mar ou correndo libres pola natureza.
Non o perdas!