Rock in rio tea

María Gabeiras, Sara Casas e Caro (mentorizadas de Descúbreas), confirmadas no Festival Rock in Río Tea

Compartir

María Gabeiras, Sara Casas e Caro, tres das mozas mentorizadas na II Edición de Descúbreas, súmanse ao cartel do Festival Rock in Rio Tea, que celebrará a súa XI Edición os próximos días 30 de xuño e 1 de xullo en Ponteareas.

As artistas compartirán así cartel con nomes tan relevantes na escena nacional e galega como Leon Benavente, Fillas de Cassandra ou Aphonnnic.

Descúbreas é un proxecto de apoio e impulso ao talento musical feminino promovido pola Deputación de Pontevedra, que cada ano acompaña a 8 rapazas seleccionadas por un xurado profesional a través dunha convocatoria pública nos seus primeiros pasos na música, por medio dun programa de mentoring no que teñen acceso a mentorías con mulleres referentes da industria musical, a gravación dun tema propio nun estudio profesional e a realización dun videoclip.

Dende Descúbreas gustaríanos agradecer á organización do Rock in Rio Tea polo seu compromiso coa igualdade e por contar co noso programa no festival.

Deixámoste aquí os videoclips de María Gabeiras, Sara Casas e Caro, realizados durante o seu programa de mentoring en Descúbreas: