Eva

Eva Outeiro lanza “Rumba do Pam” xunto ao Rabelo e Petrowski

Compartir

A galega Eva Outeiro estrea este xoves 4 de agosto ás 15.00 o videoclip de “Rumba do Pam”, un tema xunto ao Rabelo e Petrowski gravado e mesturado en D3 e creado a partir de coplas tradicionais mesturadas cun rap do Rabelo.

053 Studio son os responsables do videoclip e Laura Merchan da  maquillaxe e vestiario. A portada do single é obra de Paula Dacal.

De momento xa podemos descubrir un pequeno teaser nas súas redes sociais!