Rebeca Rods

Rebeca Rods & Black Light Gospel Choir estrenan o videoclip de “Hallelujah Anyhow”

Compartir

Rebeca Rods e o seu coro Black Light Gospel Choir acaban de estrear o videoclip de “Hallelujah Anyhow, un tema composto polo músico de gospel americano Joe Pace, arranxado pola propia Rebeca e que está incluído no seu último álbum, Gospel Symphony, o seu xunto a Black Light Gospel Choir.

O tema desprega unha enerxía desbordante, é un canto de alegría e, para os crentes, significa a esperanza en que, a pesar das dificultades da vida, Deus estará aí, para eles, sempre, “anyhow”.
 
Producido e mesturado en Los Ángeles polo tamén galego Carlos Rodgarman, quen actualmente traballa con Michael Bublé, Gospel Symphony contén colaboracións de grandes profesionais como Bazil Meade, director do London Community Gospel Choir, e Gerónimo Rauch, protagonista do musical Os Miserables.
 
Rebeca Rods foi pioneira do Gospel en Galicia organizando workshops de carácter internacional en «Vigo é Gospel». Na actualidade dirixe dous proxectos en Galicia: Vigo Gospel Project e The Rock Choir Vigo, o primeiro coro de Rock de Galicia.