A cantautora e pianista María Gabeiras, unha das mozas mentorizadas da segunda edición do programa Descúbreas, presentou as súas cancións en Trujillo e Almaraz, na provincia de Cáceres. Dous concertos nos que foi acompañada á guitarra de Víctor Hernández.
Nas próximas semanas, a cantautora galega ten previsto realizar concertos na provincia de Pontevedra, dos que podemos adiantar o 17 de Agosto en Vilagarcía de Arousa.
Ademais, o verán terminará para María Gabeiras coa publicación de nova música.
Descúbreas é un proxecto de apoio e impulso ao talento musical feminino promovido pola Deputación de Pontevedra, que cada ano acompaña a 8 rapazas seleccionadas por un xurado profesional a través dunha convocatoria pública nos seus primeiros pasos na música, por medio dun programa de mentoring no que teñen acceso a mentorías con mulleres referentes da industria musical, a gravación dun tema propio nun estudio profesional e a realización dun videoclip.


